Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Magosto etnográfico no Alto Ulla
Sábado, 20. Novembro 2010, 11:00

SXEiraEste sa?bado 20 de novembro ADEGA e o Foro do Camin?o Primitivo organizan unha XORNADA ETNOGRA?FICA NO ALTO ULLA, dedicada a recuperar un treito do Camin?o Primitivo que foi desviado da su?a traza histo?rica no Concello de Toques e a gozar dunha tarde de lecer que rematara? nun magosto na Eira da Xoana (ligazón GOOGLE maps), para cumprir co fermoso ritual gastrono?mico de agasalla?rmonos cunha boa castan?ada.

Actividades:

-RECUPERACIO?N dun treito do Camin?o Primitivo en Toques.
-ROTEIRO pola Vi?a Primitiva no Marco do Careo?n.
-MAGOSTO na Eira da Xoana.

 

CPrimitivo1

Programa detallado: Sábado, 20 de novembro

-11.00 h: Recibimento dos participantes na “Praza do convento”
de Melide e saída cara o lugar dos traballos, na paroquia de Vilamor (Toques). Tarefas: desbroce, limpeza da calzada, eliminacio?n de atrancos da calzada, pequenas podas, sinalizacio?n do itinerario cla?sico con frechas amarelas, colocacio?n de ro?tulos informativos.
-14.00 h: Xantar: cadaquén pode levar o seu xantar ou comer na Tarberna “O Carburo”de Vilamor, ao pé do Camiño Primitivo.
-15.00 h: Visita á “Aula da Natureza” de Souto.
-15.30 h: Roteiro polo Camiño Primitivo até o Marco do Careón, no límite da “dorsal galega” entre Toques e Palas de Rei.
-17.00 h: Trasladámonos á Eira da Xoana (Ramil-Agolada), onde celebraremos o magosto con castañas, empadas e queixo da zona, rematando con actuacións musicais xa pola noitiña.
NOTAS: Traer calzado axeitado, ganas de traballar, camiñar e farrear. Quen poida que traia tamén unha fouce. E quen queira pode traer tamén o seu instrumento musical e... non vos preocupedes polo bon humor: pómolo entre todas e todos.
Aportación solidaria para o magosto: 5 € ( socios: 3 €)

PARA PARTICIPAR EN CALQUERA DAS ACTIVIDADES CHAMAR ANTES DO XOVES 18 aos teléfones: 638475322, ou 982240299.

Organizan:  ADEGA e Foro do Camiño Primitivo.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA