Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Debate público sobre o estado do Umia e as solucións
Venres, 5. Novembro 2010, 20:00

AUDITORIO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS

- OS PROBLEMAS AMBIENTAIS E DE SAÚDE RELACIONADOS COAS CIANOBACTERIAS
por
Fernando Cobo Grandín: Profesor Títular do Departamento de Zooloxía da USC
Director da Estación de Hidrobioloxía “Encoro de Con” (Vilagarcía)

- UNHA SOLUCIÓN PARA A MICROCISTINA: SENTIDO COMÚN, XUSTIZA E LEGALIDADE
por
Daniel López Vispo: Licenciado en Ciencias Químicas. Profesor de EE.MM
Vogal da Directiva de ADEGA

Organizan:

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Plataforma para a Defensa do Umia

 

Un verán máis, ante a xa reiterada proliferación de cianobacterias no encoro do Umia, tivo o concello de Caldas que recurrir a camións cisternas para abastecer á poboación da vila.

Un verán máis, a ETAP de Caldas de Reis, -a pesar dos seus filtros de carbono activo e do seu tratamento con Ozono-, ten demostrado que non da eliminado a microcistina da auga e que non pode, pois, asegurar a salubridade da auga potable.

Un verán máis todos e todas temos que asumir un sobrecusto no tratamento e un sobrecusto de abastecemento por unha auga que, por riba,  nin sequera chega a ser legalmente potable.

É, POIS, URXENTE E É ABSOLUTAMENTE PRIORITARIO PORSE A TRABALLAR NA SOLUCIÓN DO PROBLEMA

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA