Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Novo programa de compostaxe en Ferrol
Venres, 29. Outubro 2010, 19:00
A mancomunidade de concellos do Ferrol aposta pola prevención e redución dos residuos  repartindo 100 composteiros na comarca. Esta actividade é xestionada pola Mancomunidade, subvencionada pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e ADEGA fará o proxecto educativo coa colaboración dos concellos participantes.

Esta semana comezarán as charlas infomativas aos participantes inscritos dos concellos de Narón e Ferrol, e celebraranse o xoves 28 de outubro ás 20:30h na Biblioteca en Narón e o venres 29 de outubro as 19:00h na sala Sargadelos de Ferrol.

Nesta actividade tamén se contempla dotar de composteiros os centros de ensino e asociacións dos concellos de Cedeira, Mugardos, Neda, Fene, Valdoviño e Ares. Os composteiros serán instalados nos centros e iran acompañados dun manual de compostaxe e seguimento dunha educadora ambiental de ADEGA.

De este xeito a Mancomunidade pretende sensibilizar a poboación en temas medioambientais do mesmo xeito que se reduce a cantidade de residuos orgánicos que van aos contedores municipais, asi pechamos o ciclo da materia orgánica e o compost obtido podemos utilizalo para o xardín ou horta.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA