Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
O Camiño da Auga, agora en Pontevedra
Sábado, 19. Xuño 2010, 11:00

A III edición de O Camiño da Auga percorrerá o sábado as rúas de Pontevedra

Por terceiro ano consecutivo, Implicadas/os No Desenvolvemento convida á cidadanía galega e máis en concreto á pontevedresa (igual que fixo en 2008 coa compostelá e coa luguesa no 2009) a unirse ao Camiño da Auga.

O sábado 19 de xuño, Implicadas levará o problema do abastecemento de auga en tantos países do Sur xeopolítico, en especial de África, ás nosas rúas e ás nosas mentes nunha mañá de reivindicación e sensibilización, pero tamén de diversión. O acto principal da xornada consistirá nun percorrido simbólico polas rúas da cidade, carrexando as mesmas garrafas que as mulleres utilizan en África e que irán pasando de persoa a persoa por quendas. O programa transcorrerá como indicamos a seguir:

11:00 Todas as participantes serán recibidas na Praza da Peregrina por persoas da organización onde se repartirán as camisetas distintivas do acto.
11:30 Comeza o camiño que comeza e remata na Praza da Peregrina, seguindo o seguinte percorrido:

Praza da Peregrina >> rúa Antonio Odriozola >> rúa Laranxo >> Museo Provincial >> rúa Padre Sarmiento >> Praza de Méndez Núñez >> rúa de Isabel II >> Basílica de Santa María >> Avenida de Santa María >> Concello >> rúa Michelena >> Praza da Peregrina

No percorrido contaremos, entre outras mulleres con:
  • Rosa Campos, Psicóloga e coordinadora do Centro de Información á Muller
  • Margarita Castejón,Concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra
  • Carmen Santos, Directora Xeral de Benestar Social do Concello de Pontevedra
  • Celia Alonso, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra
  • Matilde Sanmartín, Asociación “Os tres pinos”, representante no Consello da muller
  • Estrella Cortegoso e Dolores García, representantes da Asociación de mulleres veciñais “O Castelo” de Pontesampaio
  • Eva Fernández Vilar, Consellería de Familia — Servizo Galego de Igualdade
  • Teresa Carril, Presidenta da Asociación de mulleres maltratadas Luz e representante no Consello da muller
  • Beatriz Piñeiro, Presidenta da Asociación de mulleres en igualdade de Pontevedra
  • Carmen Riveiro, Vogalía de mulleres Asociación Pío Lameliña de Bora
  • Pilar Álvarez, Representante da Asemblea de Mulleres de Pontevedra
  • Laura Ogando, representante de Mulheres Nacionalistas Galegas e Concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Bueu
  • Estefanía Hernández, Campeona de España e de Europa de taekwondo e premio á mellor deportista de 2009 pola Federación Española de Taekwondo.
Ao longo do todo o percorrido iranse cambiando cada pouco metros os colectores de xeito que non resulte pesado e podan participar a maior cantidade de persoas posible.


12:00 Comeza, na Praza da Peregrina, a animación na rúa para @s máis pequen@s... ¡e non tanto!
  • Contacontos a cargo de Pavis-Pavós
  • Actuación da banda de gaitas de Pontesampaio
  • Obradoiro de instrumentos con materiais da natureza a cargo da Asociación Vai polo río

13:00 Chegada á Praza da Peregrina e lectura do Manifesto.

Tamén haberá á disposición do público asistente un stand con información sobre as nosas actividades e produtos á venda. A recadación estará destinada aos nosos proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Agardamos contar con todas e todos vós nesta xornada, tan importante para Implicadas. Se queres participar no percorrido levando unha garrafa nun (¡ou máis!) dos tramos, por favor, manda un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Máis información sobre o problema da auga en www.augaparaetiopia.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA