Adega
INICIO Áreas temáticas Transporte
Transporte e Mobilidade
cochesdevoran.jpg
O conflicto entre o transporte masivo de persoas e mercadorías que caracteriza á sociedade contemporánea e o medio ambiente está acadando uns niveis imposíbeis de soportar. Os enormes custos ambientais, sociais e económicos (cambio climático, contaminación, impacto paixasístico, segregación espacial, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade, alta accidentalidade, elevados investimentos en construcción e mantemento de infraestructuras,... ) que este modelo conleva obrigan a unha reconversión ecolóxica do transporte.

As políticas de transportes en Galiza e no resto do Estado baséanse na priorización do automóbil, do AVE (entendendo como tal a alta velocidade estricta, superior a 250 Km/h) e do avión, os tres medios de transporte ambientalmente máis impactantes. O automóbil é o medio de transporte menos eficiente, necesitando por termo medio 6 litros de combustible para transportar unha persoa 100 quilómetros, seguido polo avión (algo menos de seis litros) e o AVE (cinco litros). Estes medios realizan o 75% do transporte de viaxeiros consumindo máis do 92% da enerxía. Son responsables de máis do 50% das emisións de axentes contaminantes. En Europa, a metade das viaxes motorizadas implican desprazamentos inferiores a 3 km. Nestas condicións, o consumo de enerxía e as emisións de CO2 increméntanse nun 60%

As solucións pasan entre outras pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente camiñar, bicicleta e transporte público colectivo.

Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Accesos
1 Propostas de ADEGA no eido do transporte e a mobilidade 7581
2 Impactos ambientais e sociais do transporte 5057
3 A bicicleta como modo de transporte urbano e interurbano 5876
4 Por un transporte urbano sustentábel: a cidade sen coches é mellor 4362
5 Que infraestruturas? Que desenvolvemento? O dilapido neoliberal 4798
6 Custos externos do transporte: Estudo de actualización 5105
7 En defensa do tren, contra o AVE 4808
8 Plan Galicia: marea de cemento e chapapote 3830
9 Manifesto de Valencia: Por un ferrocarril sustentábel, público e social 4759
10 Cartas dos dereitos do Peón: Resumo da Resolución do Parlamento Europeo 4666
11 Bicicleta e cidade: Integración da bicicleta na mobilidade urbana 4187
 


ADEGA