ADEGA

Inicio / Pasa á acción / Asóciate /

Alta de socios/as

Bases e vantaxes

O teu apoio como socio/a faranos máis fortes. Poderemos traballar con maior eficacia pola consecución dos nosos obxectivos.

Participando en ADEGA contribuirás a que o ecoloxismo e a defensa do medio ambiente sexa máis influínte, apoiarás unha vía alternativa de desenvolvemento ecolóxico, loitarás contra a contaminación dos ríos e dos mares, do solo e do ar e favorecerás a conservación dos espazos naturais, da flora e da fauna.

Alén disto, como socio/a de ADEGA:

  • quedarás subscrito/a á edición impresa da revista CERNA (revista galega de ecoloxía e medio ambiente),
  • quedarás subscrito/a aos materiais que editemos (folletos,calendarios, etc.),
  • gozarás de interesantes descontos nas actividades non gratuítas de ADEGA (roteiros, xornadas, etc.),
  • poderás acceder ao fondo de documentación dispoñíbel na Asociación.
A nosa entidade vén de ser declarada de Utilidade Pública mediante ORDE do 24 de marzo de 2017 da Vicepresidencia e consellaría da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Xa que logo, as túas cuotas e doazóns gozan dunha desgravación do 75% no IRPF, aplicábel a partires do exercicio de 2017. Consulta con administración (981570099) para ampliar información.

Descarga e difunde o Tríptico "ADEGA coida da Terra"



Os campos marcados con * son obrigatorios

Formulario de alta de socio/a

Escolle a cuota que desexes:



Datos bancarios

- - - - (24 díxitos)

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal