ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Presentación

Medio rural e montes

Traballamos por un rural sostible e produtivo

Desde unha perspectiva ambiental, o noso rural integra factores sociais e físicos; sendo un sistema dinámico e integral no cal deben coexistir terra e persoas. O 98% da terra galega é de uso agrario, o 29% agrícola e o 69% montes. As tres cuartas partes dos nosos concellos son rurais e neles vive unha cuarta parte da poboación. Tendo en conta estes datos, o sistema rural é un dos piares nos que se desenvolve o noso medio e polo tanto un dos eixos nos que debemos centrar as nosas accións ambientais.

O sistema agroecolóxico funcionou de maneira sostíbel durante séculos no noso país. A día de hoxe as políticas no rural foron encamiñadas a reproducir un modelo produtivista agroexportador, alleo á nosa realidade. Fronte a isto, desde ADEGA apostamos por construír un rural sostible, contando coas persoas que viven nel e baseado na terra. Polo tanto, desde a perspectiva ambiental, é necesaria a intervención en por e para o medio rural. Se conservar a terra nos corresponde a todas as persoas, para conseguilo temos que:

-
Construír en conxunto, planificar o territorio contando coas persoas que viven nel. 

- Colocar cada cousa no seu sitio, sen que interfiran unhas noutras e sen afectar negativamente ao desenvolvemento do medio.  

- Redistribuir a riqueza, o que supón que as zonas de riqueza económica achegen investimentos nas zonas de riqueza ambiental, da que se beneficia toda a sociedade.  

- A diversidade é unha oportunidade de futuro, non un obstáculo. Ante esta premisa, o rural debe apostar pola multifuncionalidade.  

- Construír en circuitos cortos, a través do comercio xusto local.

En definitiva as nosas propostas fundaméntanse en aproveitar a diversidade da nosa terra e vertebrar social e territorial do noso rural. Todo isto tendo en conta o principio da xestión comunitaria e a suma de esforzos co establecemento de alianzas nas que se fortaleza a acción a través de redes (un exemplo concreto o supón a nosa participación na Alianza por un rural galego vivo).  

Nesta sección poderás atopar as accións desenvoltas por ADEGA a prol do noso rural no que se inclúe o traballo no eido de desenvolvemento rural, agroecoloxía, montes, transxénicos e consumo responsable.




Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal