ADEGA

Inicio / Organización / En Rede

A continuación indícanse todas aquelas redes ou agrupacións de entidades nas que participa ADEGA, a prol de xerar sinerxias de acción en defensa dos ríos, das montañas, da custodia, do patrimonio ou do medio rural, entre outras.

Rede Ibérica do Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos, coodinado en Galiza por ADEGA, forma parte da "Red Proyecto Ríos", integrada por entidades que desenvolven iniciativas semellantes en distintos territorios da Península Ibérica: Associació Hàbitats en Catalunya, Fundació Limne en Valencia, Red Cambera en Cantabria, Territorios Vivos en Madrid, Asociación Amigos de Ene, Museo Nacional de la Energía no Bierzo-Laciana, ASDENUT en Asturias e ASPEA en Portugal.  

Web: www.proxectorios.org
Contacto: ramses@adega.gal




Seminario de Voluntariado en Ríos

ADEGA participa activamente a través do Proxecto Ríos neste Seminario coordinado polo CENEAM desde 2007. Ten entre os seus obxectivos facilitar un espazo de encontro e promover intercambios de experiencias, información e colaboración en proxectos de voluntariado en ríos e ribeiras. Anualmente Proxecto Ríos participa nos seminarios no CENEAM.  

Web: www.seminariovoluntariadoenrios.blogspot.com.es  
Contacto: ramses@adega.gal




Red Montañas

É unha asociación de ámbito estatal fundada en xuño de 2005, que funciona como unha plataforma de personas e colectivos. Ten por misión transmitir á sociedade e aos poderes públicos porqué se deben protexer as montañas, e contribuir a que se pñan en marcha todos os mecanismos necesarios para protegerlas.  ADEGA coordina anualmente en Galiza a actuación Montañas en Rede.  

Web: www.redmontanas.org
Contacto: ramses@adega.gal



Foro de Redes e Entidades de Custodia del Territorio (FRECT)

O Foro de Redes e Entidades de Custodia del Territorio (FRECT) é unha entidade de representación do colectivo de entidades de custodia do territorio do conxunto do Estado español. É unha entidade de terceiro nivel que constitue un novo espazo de colaboración e debate para o fortalecemento da Custodia del Territorio. A finalidade é traballar de maneira estratéxica e conxunta para a promoción institucional, social, legal e técnica a nível estatal o concepto de Custodia do Territorio e a súa aplicación na xestión e conservación do patrimonio natural, cultural e da paisaxe. ADEGA participa no Foro a través da Rede Galega de Custodia do Territorio.

Web: www.frect.org
Contacto: ramses@adega.gal

Foro do Camiño Primitivo

ADEGA, xunto con outras 30 asociacións, entidades, plataformas e investigadores, forma parte do Foro do Camiño Primitivo destinado a salvagardar os valores naturais e patrimoniais desta vía histórica que discorre desde Oviedo ata Santiago de Compostela. As súas accións son divulgativas, de posta en valor do territorio histórico xacobeo e de denuncia administrativa e xudicial das numerosas agresións ás que se ve sometido o Camiño Primitivo.

Contacto: adegalugo@adega.gal




Cousa de Raíces

En 2014, ADEGA foi a promotora da rede de entidades, colectivos, investigadores, empresas e personalidades que promove a campaña "Cousa de Raíces", dirixida a reivindicar e poñer en valor os aspectos ecolóxicos, sociais, económicos e culturais dos bosques galegos, en progresiva regresión, nomeadamente pola colonización de especies foráneas como o eucalipto. Actualmente, a campaña está en marcha co propósito de seguir acadando máis apoios e establecer sinerxias entre os diferentes ámbitos que defenden a floresta galega.

Web: www.cousaderaices.wordpress.com
Contacto: cousaderaices@adega.gal










CEMMA

A CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) foi fundada en 1992. Os seus principais obxectivos son o estudo e a investigación dos mamíferos e tartarugas mariñas, fomentando medidas que conleven a súa conservación, e a difusión dos mesmos a través de distintas publicacións e accións de educación ambiental. ADEGA forma parte da Coordinadora e colabora en diferentes eventos e actividades

web:  www.cemma.org
contacto:  lucia@adega.gal





Charcas e charcos con vida

ADEGA desenvolve o proxecto Charcas con Vida desde 2013. Desde o comezo esta iniciativa realízase en colaboración co proxecto portugués Charcos com Vida. No país veciño o CIIMAR coordina actividades de divulgación e voluntariado ambiental en torno ás charcas. ADEGA e o CIIMAR partillan parte do seu material divulgativo así como as súas páxinas webs.


En Galiza: www.charcasconvida.org
En Portugal: www.charcoscomvida.org
Contacto: lucia@adega.gal




European Pond Conservation Network

ADEGA co seu programa Charcas con Vida forma parte da Rede Europea para a Conservación das Charcas (EPCN), un conxunto de entidades de diferente tipoloxía que en toda Europa traballan para a divulgación e conservación destes ecosistemas ameazados. As entidades que forman parte da rede asinan e divulgan a importancia das charcas mediante o Manifesto das Charcas

web:  www.europeanponds.org
contacto: lucia@adega.gal




Asociación Estatal de Basuras Marinas

ADEGA forma parte da Asociación Estatal de Basuras Marinas. A asociación, fundada en 2015, está formada por numerosas entidades que en todo o estado traballan no eido do lixo mariño. ADEGA é un dos socios fundadores grazas ao seu traballo na divulgación desta problemática e na realización das limpezas de praias. A AEBM ten como obxectivo principal divulgar o perigo do lixo mariño e fomentar comportamentos que axuden a loitar contra este problema ambiental.

contacto: lucia@adega.gal

Composta en Red

ADEGA forma parte de Composta en Red que é unha coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe domestica e comunitaria. A Rede formase para darlle impulso, fomentar e promocionar políticas públicas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que éstas poden desempeñar na redución de residuos orgánicos

web: www.compostaenred.org
contacto: marialafuente@adega.gal

LivingRiver

LivingRiver – Coidado e protección da vida e cultura ao redor dos rios e regatos (2018-I-PT01-KA201-047513) é un proxecto internacional, soportado e financiado polo programa Erasmus+, baixo a Clave Acción 2, sector da Educación Escolar (KA201).

O proxecto segue uns piares fundamentais:
• Mellorar a eco-alfabetización a traves de estudos  e diseminación do coñecemento sobre ecosistemas acuaticos, promovendo  hábitos reponsables e positivos.
• Promover o voluntariado ambiental a traves de estudos e innovación responsable, involucrando estudantes, profesores e traballadores das Escolas de Secundaria.
• Fomentar a participación da cidadanía na protección dos ecosistemas hídricos a traves de promever unha cociencia e coñecemento.  

O Proxecto LINVINGRIVER  ten como obxectivo crear consciencia, mellorar actitudes e competencias e fomentar inciativas que consigan uns rios máis saludables  e sostibles a traves do desenvolvemento e diseminación de recursos e ferramentas, recurrindo así a ciencia para unha acción goblal consecuente e ben formada.  

Os socios do proxecto son:
Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA) - Portugal
Universidade De Coimbra - Portugal
Universidade Nova De Lisboa (UNL) - Portugal
IES Ribeira do Louro (IES RdL) – España
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) - Galicia
Agentia Metropolitana Pentru Dezvoltare Durabila Brasov Asociatia - Romania
Balıkesir University - Turkia  


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal