ADEGA

Inicio / Radio CERNA / Patrocinadores

Patrocinadores

Podes patrocinar o espazo Radio CERNA, facéndote escoitar en 20 emisoras locais de Galiza, e a través das distintas canles de difusión na rede (web, facebook, ivoox). As entidades colaboradoras tamén poderán anunciarse na páxina web de Radio Cerna. Todo o recadado por publicidade ou patrocinio destinarase na súa integridade a cubrir os gastos derivados da realización de Radio Cerna.

Lembra que os anunciantes de Radio Cerna son: responsables co medio ambiente, defenden a natureza e ao ecoloxismo galego, contribúen á pluralidade informativa do país e traballan a favor do desenvolvemento sostíbel.

Para coñecer máis polo miúdo as condicións e beneficios das entidades patrocinadoras de Cerna, cubre o seguinte formulario, e poñerémonos en contacto contigo.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal