ADEGA

Inicio / Proxectos / Living River

Living River

ADEGA participa no proxecto LivingRiver –Coidando e protexendo a vida e a cultura o redor do rios e regatos (2018-I-PT01-KA201-047513), que é un proxecto internacional, financiado e soportado polo programa Erasmus+, baixo a Chave Acción 2, sector de Educación Secundaria (KA201), cunha subvención de 434.701,00€, para o período 2018-2021.  Este proxecto Europeo pretende por en valor a vida dos ríos e regatos para crear unha ciencia cidadá para a súa perservación. Para acadar este obxecto o proxecto ten como metas:

1. Poñer en alerta á sociedade acerca de que é inevitable a protección e coidado dos ríos e regatos non soamente pola importancia medioambiental e ecolóxica , se non tamén pola súa importancia histórica e o seu valor cultural e social

2. Reforzar as aptitudes e competencias da poboación para promover iniciativas que contribuirán na mellora das condicións medioambientais, ecolóxicas e sociais dos nosos ríos e os seus ecosistemas. Utilizando recursos e ferramentas baseadas en investigacións científicas para crear unha conciencia cidadá científica global formada. 

En definitiva, LINVINGRIVER  ten como obxectivo crear consciencia, mellorar actitudes e competencias e fomentar inciativas que consigan uns rios máis saludables  e sostibles a traves do desenvolvemento e diseminación de recursos e ferramentas, recurrindo así a ciencia para unha acción goblal consecuente e ben formada.   

Durante o desenvolvemento deste proxecto vanse elaborar varias ferramentas de aprendizaxe que serán usadas polos estudantes e as comunidades escolares, para analizalos datos recollidos sobre a saúde dos nosos ríos e regatos e para a elaboración de memorias sobre o mesmo.

Os socios do proxecto son: 
Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA) - Portugal 
Universidade De Coimbra - Portugal
Universidade Nova De Lisboa (UNL) - Portugal 
IES Ribeira do Louro (IES RdL) – España
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) - Galicia 
Agentia Metropolitana Pentru Dezvoltare Durabila Brasov Asociatia - Romania 
Balıkesir University - Turkia


1. Un E-Book o cal abarcará metodoloxías científicas creadas polos socios científicos , estudios caso e contidos pedagóxicos.

2. Unha plataforma web, que reunirá a información do proxecto, recursos, materiais producidos polos compañeiros e os compañeiros asociados o proxecto, un Ecomuseo Virtual, unha Plataforma de Georeferencia, un Manual para actividades de campo, unha Newsletter que é unha revista dixital e un E-Book.Ademais, durante a execución do proxecto teremos formación para profesores e estudantes e catro eventos múltiples.Outro obxectivo do proxecto é incrementar a conciencia sobre a importancia das investigacións científicas, resaltando o papel central das universidades na creación de coñecemento científico que contribúe ao proxecto de concienciación cidadá.

Máis información

Podedes consultar máis información na seguinte Website: http://livingriver.eu


Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal