ADEGA

Inicio / Proxectos / Charcas con Vida

Charcas con Vida

Charcas con Vida

Que é Charcas con Vida?

Charcas con vida é unha iniciativa que nace coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír ao seu estudo e conservación. Pretende aportar solucións ao problema de desaparición de charcas e da biodiversidade que acollen.
É un proxecto dirixido a toda a cidadanía no que poden participar asociacións, centros de ensino, amigos, familias, etc. Conta con tres liñas de actuación:
- Divulgación da importancia e dos valores das charcas
- Creación dunha rede cidadá para o estudo e inventariado de charcas
- Actuacións de construcción e recuperación de charcas mediante  acordos de custodia do territorio e voluntariado ambiental

Se queres máis información visita a web
www.charcasconvida.org

Facebook de Charcas con vida
www.facebook.com/CharcasConVida

Twitter de Charcas con Vida
www.twitter.com/Charcasconvida


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal