ADEGA

Inicio / Proxectos / O lixo desde o teu concello

O lixo desde o teu concello

A Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza conta cun sistema organizativo propio coa fin de poñer en marcha un Plan de xestión de R.S.U. nos Concellos de Brión, Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Ames, Pontecesures, Carnota e Rois baseado nos principios medio ambientais dos 3 RRR: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Dende o programa “O lixo dende o teu concello” propónense diferentes actividades de Educación ambiental que consisten en charlas e obradoiros (60-90 min) que se adaptan ás idades dos e  das participantes. As actividades son de balde para todos os públicos

Obxectivos:

  • Dar a coñecer a problemática dos residuos.
  • Fomentar actitudes de respecto e coidado do entorno.
  • Promover, en diversos ámbitos (centros de ensino, asociacións...) a toma de conciencia dos problemas medioambientais.
  • Desenvolver un espírito crítico fronte aos problemas que ocasiona o consumo de produtos con exceso de embalaxes, dun so uso, ou que precisen dun longo transporte dende o lugar onde se producen.
  • Expoñer outro tipo de consumo que respecte a estratexia dos tres R (reducción, reutilización e reciclaxe) .
  • Facilitar o coñecemento do funcionamento dos servicios e técnicas que se aplicarán na xestión dos R.S.U. na Mancomunidade da Serra do Barbanza.

Contidos:

  • Problemas e repercusións ecolóxicas da producción de residuos.
  • Os 3 R. Reducir, Reusar e Reciclar.
  • Compoñentes do lixo, importancia e valor da cada un deles.
  • Sistemas de xestión de residuos: recollida, transporte e tratamento.
  • Proceso de reciclaxe dalgúns compoñentes dos R.S.U.
  • A compostaxe da materia orgánica.
  • Utilización dos diversos contedores para unha recollida selectiva e reciclaxe de residuos.
  • Consumo e residuos

Metodoloxía:

Proponse unha programación de actividades, xunto con materiais de consulta sobre a grave problemática do lixo e as posibles solucións.

A sociedade (escola, asociacións de veciños/as, culturais, etc) non poden permanecer á marxe das problemáticas ambientais asociadas ao seu contorno, e hoxe o lixo é un dos grandes problemas da nosa sociedade.

O desenvolvemento do programa segue unha metodoloxía activa e participativa que pretende achegar a temática dos residuos a tódolos ámbitos da sociedade, para que esta perciba as implicacións sociais, naturais e económicas do lixo.

Ofértanse para isto un amplo programa de actividades no que elixir aquelas que mellor se axusten as súas características, entre as que están, charlas, obradorios, saídas, etc.

A flexibilidade do programa permite que cada centro ou asociación (dependendo do nivel educativo) valore as situacións dos participantes  e acomode e elixa as actividades e recursos que desexa aplicar.



Actividades:

Para poder realizar este programa poderase contar con:

Vídeo da planta de Lousame.

Educadores ambientais que realizaran diferentes charlas e obradoiros sobre:

  1. Ecoauditoria de residuos
  2. Reciclaxe de papel
  3. Fabricando cousas novas con residuos
  4. Substituíndo os tóxicos no fogar
  5. xogos do lixo
  6. Analise da bolsa do lixo
  7. Construción dun composteiro
  8. Obradoiro de compostaxe
  9. residuos e consumo
  10. Ambientalización de festas e/ou  eventos
  11. Charlas e visitas as instalacións da planta de Lousame


Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal