ADEGA

Inicio / Proxectos / Depuración por humidal

Depuración por humidal

Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais

Depuración por humidal

"durantes as últimas décadas produciuse un empeoramento na calidade das augas continentais e mariñas, máis acusado nalgunhas zonas, ocasionando principalmente polo aumento dos vertidos de augas residuais urbanas e industriais". Estratexía Galega de Educación Ambiental (1999:pax 42).


O tratamento das augas residuais amósase como tema prioritario na Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA). Galiza sufre un importante atraso neste campo, xa que os sistemas de depuración que se utilizan son deficientes e moitas das instalacións non teñen capacidade suficiente para tratar o caudal que reciben. Consecuencia disto, a porcentaxe de verquidos que aliviados ós ríos sen depurar ou cunha depuración deficiente é moi alto.

A raíz desta situación, en colaboración coa Universidade da Coruña e o Concello de Santiago, e financiado por La Caixa, ADEGA impulsou a construcción e utilización dunha "planta" de depuración por dixestor anaerobio e humidal na E.D.A.R. da Silvouta. Esta instalación é conebida como un recurso de educación ambiental para a sensibilización sobre a problemática da contaminación das augas, así como de divulgación de procesos alternativos sustentábeis para a depuración de augas residuais.

Este proxecto enmárcase no programa de Educación Ambiental de ADEGA, dentro da área temática da auga e o Proxecto Ríos. O proxecto educativo consiste na construcción e utilización dunha instalación de depuración natural, ubicada na Estación de tratamento de augas residuais da Silvouta como un recurso de educación ambiental sobre a problemática da contaminación da auga e das alternativas de depuración das augas residuais (dixestor anaerobio + zona húmida versus o sistema de tratamento tradicional da propia EDAR da Silvouta).


Depuración por humidal

As actividades que se realizan son diversas: charla explicativa do proxecto e do proceso de depuración natural, visita virtual e real, o funcionamento da estación e o contraste co humidal en canto a redución de infraestructuras, baixos requerimentos tecnolóxicos e enerxéticos, reducción dos lodos resultantes e simplidade xeral do proceso.

O programa vai dirixido a diferentes públicos; decisores (alcaldes, concelleiros/as, técnico/as de medio ambiente, etc), formadores ambientales, periodistas, estudiantes de ciclos superiores (educación, ingenierias...), centros de ensino, etc.

Xa se achegaron mais de 1000 visitantes as instalacións para coñecer este tipo de planta, así como se organizaron xornadas técnicas en colaboración coa Universidade da Coruña.






Características e Construción da Zona Humida de A Silvouta

Características e Construción da Zona Humida de A Silvouta

Pola sua maior sinxeleza de operación, eliximos unha zona humida de fluxo horizontal. A área total do humidal divídese en 2 módulos de 6x12.5 m conectados en serie.

Así, a superficie total útil da área é de 150 m2. O primeiro módulo é de fluxo superficial e o segundo de fluxo subsuperficial.Cada módulo está separado do seguinte por un sócalo de 50 cm de ancho e un desnivel suficiente, segundo se deriva dos diferentes aspectos construtivos.

Cada vaso construiuse cunha pendente do 1% na base.

Desde a saída dos dixestores anaerobios, o efluente condúcese ao distribuidor de fluxo do primeiro vaso. Este distribuidor consiste nunha canaleta curva (tubo de cemento cortado a mitade de forma lonxitudinal, fomando unha semicana) no que se fixeron 6 cortes en forma de V a través dos que flúe a auga pretratada (dispondo asi dun ponto influente por m lineal da cabeceira do vaso).

O ponto inferior da V sitúase a un 1/3 do diámetro por encima da base interior da canaleta. A base da canaleta fica no nivel superior da lámina de auga na balsa.

Características e Construción da Zona Humida de A Silvouta

A captación do efluente do primeiro vaso realízase mediante outro tubo en U, con cortes en V na parte anterior, de tal forma que se coloca como imaxe especular do tubo en U de entrada.

A parte inferior dos cortes en V sitúanse exactamente 50 cm por encima do fondo do vaso. Do lado posterior do tubo en U, e desde o seu fondo, parte un tubo que conduce o liquido á cámara rexistro.


Características e Construción da Zona Humida de A Silvouta

Da cámara parte un tubo inclinado que conduce o líquido ao tubo distribuidor á entrada do segundo vaso. Este tubo completo, cun diámetro duns 30 cm, conta con perforacións laterais (unha cada metro lineal), pola parte posterior, a media altura, e sitúase sobre pedra e grixo groso, a media altura no leito da balsa.

Ao final desta segunda balsa colocamos un tubo similar ao anterior, tamén con perforacións cada metro lineal, e do que sae un tubo que conduce o efluente final fora da balsa, segundo se mostra na figura.

A impermeabilización consiste nunha película de polietileno que cubre toda a base e os lateriais de cada vaso, erguéndose lixeiramente (10 cm) sobre o nivel máximo da auga. Colocouse unha capa de xeotéxtil por debaixo e outra por riba do plástico.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal