ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

Xornadas “A Cultura do Monte” en Lugo

Dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, ADEGA organizou en Lugo, o 29 de xuño de 2012, a xornada “A cultura do monte” que acolleu a expertos na cultura tradicional galega, nos montes veciñais en man común e no patrimonio cultural dos montes. O acto, que estivo apoiado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación provincial de Lugo, celebrouse no Salón de Actos desta institución. Esta palestra foi a primeira do ciclo de charlas que ADEGA prevé para a segunda edición do proxecto “Cultura e Territorio”, enmarcada na campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, para dar resposta ás agresións contra o noso patrimonio cultural e ambiental do país.
+ en Picasa

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal