ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

Roteiro polas Augas mansas de Outeiro de Rei

Algunhas imaxes do roteiro de ADEGA-Lugo polas terras de Aguiar de Outeiro de Rei, incluída visita a Casa-Museo de Manuel María e ao Proxecto Vida de Aldea. Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible esta andaina! + en Picasa

Xornadas: Cara un nova cultura da Economía Sostible

O 17 e 24 de xaneiro, ADEGA organizou en Lugo as xornadas tituladas “Cara unha nova cultura da Economía sostible”, que trataron de dar a coñecer iniciativas que están a traballar por unha Economía máis sosible e socialmente xusta ou por un modelo enerxético máis respectuoso co medio natural e co cidadán. Aquí van algunhas das imaxes do evento.

Custodia Fluvial

Imaxes do proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia e Lérez. Un proxecto desenvolvido entre 2010 e 2013 que contou coa colaboración de diversas entidades nos concellos da Estrada, Cuntis e Forcarei para a posta en valor dos ríos

Entrega de Premios dos III Concursos polo Territorio

Imaxes do acto de entrega dos Premios 2013 polo Territorio celebrado o 15 de xaneiro de 2014. Estes concursos convocados por ADEGA desde hai 3 anos buscan que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. O acto tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Roteiro Augas que curan, por Guitiriz

En poucos lugares da provincia os usos curativos das augas están mellor representados que no concello de Guitiriz. Para poder comprobalo, realizamos unha parte da fermosa “Ruta da Auga" que rematou no Balneario de Guitiriz, onde gozamos dun baño termal. + en Picasa

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal