ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

Roteiro ás beiras do río Sor, no Vicedo

Este roteiro pechou o ciclo de rutas de ADEGA-Lugo deste ano dedicado á auga. Neste último percorrido visitamos unha zona de gran interese paisaxístico e ecolóxico: a desembocadura meandriforme do río Sor na ría do Barqueiro.

Roteiro polas seimeiras da Fonsagrada

"Augas que brincan" foi o roteiro que ADEGA realizou o pasado 18 de maio pola Fonsagrada, dentro do programa de roteiros "H2O". Neste apartado amosamos algunhas imaxes desta andaina.  Máis en google +

Roteiro por Montefurado (Quiroga)

O pasado 27 de abril, ADEGA-Lugo convidounos a visitar o túnel romano de Montefurado e a súa contorna. Foi unha experiencia incrible, na que non faltou detalle por parte da Asociación Boca do Monte, quen nos guiou. Tamén nos acompañaron membros da Plataforma contra a A-76, afectados por esta autoestrada que atravesaría a Ribeira Sacra e prexudicaría a súa paisaxe e bens culturais.

Roteiro por Riotorto, Augas que traballan

O pasado 23 de marzo de 2014, ADEGA-Lugo percorreu a Ruta do Ferro de Riotorto para amosar o traballo que realiza a auga a través do noso legado etnográfico. O roteiro celebrouse no marco do programa de andainas "Roteiros H2O" que desenvolve a delegación de Lugo durante este ano 2014.

Roteiro polo Val do Neira, Augas que regan

O pasado 23 de febreiro, ADEGA realizou un roteiro ao Val do Neira de Lugo, onde medio cento de persoas poideron visitar castros, mazos, pontes medievais, vías romanas, regatos e ríos, ademais de gozar dunha espléndida paisaxe do val. Aquí algunha das imaxes. + en picasa

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal