ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

Roteiro polos acebais de Piornedo

Neste roteiro "Cousa de Raíces" a prol do bosque galego, coñecemos os bosques de reboleiras e acivros da montaña ancaresa de Piornedo. Foi, sen dúbida, un dos roteiros máis fermosos que ADEGA-Lugo fixo. E, senón, xuzgade vós mesmos/as!

Roteiro polas ribeiras de Sarria e Celeiro

Neste apartado poderás ver un bo feito de imaxes recollidas na andaina organizada por ADEGA e a Plataforma Sarriana polo Río a carón dos ríos Sarria e Celeiro o pasado 22 de febreiro. Grazas a todas as persoas participantes!

Roteiro polas Fragas de Catasós

Este roteiro, que deu comezo ao ciclo de rutas de ADEGA-Lugo "Cousa de Raíces" do ano 2015, dedicado aos nosos bosques, foi un dos máis exitosos de ADEGA en participación. Centos de persoas de toda Galiza acudiron para participar neste roteiro reivindicativo polas Fragas de Catasós, parte delas ameazadas por unha liña eléctrica. A ruta foi organizada por ADEGA-Lugo e Salvemos Catasós, á que tamén se sumaron Verdegaia e o colectivo cultural de Compostela Gentalha do Pichel.

Entrega de premios IV Concursos polo Territorio

Aquí atoparás imaxes da Entrega de Premios da IV edición dos Concursos de relato e fotografía, e a III edición do Certame de Curtas polo Territorio, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, o 14 de xaneiro de 2015.

III Festival de Humor polo Territorio

Imaxes do III Festival de Humor, "Rir, por non chorar" que organiza ADEGA dentro do proxecto Cultura e Territorio, e da campaña "Ponte no medio. Móvete polo territorio", a prol dunha ordenación sustentable do país. Os artistas convidados desta volta foron o lucense Lois Pérez e o lalinense Celso Sanmartín.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal