ADEGA Cadernos

Artigos de Agroecoloxía. ADEGA Cadernos, artigos de investigación e revisión científico-técnica do eido ambiental, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel

Autoxestión da fracción orgánica do lixo: A experiencia do Concello de A Illa de Arousa

Xosé A. González, F. Xavier Centeno, Anxélica Lemos e Carlos A. Vaamonde

Caderno nº 6 - A compostaxe de residuos

Páx.35-39

O Concello máis novo de Galicia, apenas catro anos de vida, atreveuse a desafiar á inercia e propúxose unha forma sinxela e á vez avanzada de enfocar a xestión dos residuos. Elaborou un Plan e presentouno á convocatoria Life 97-98, sendo o primeiro Proxecto Life con relación ao lixo subvencionado pola UE en Galicia. Unha inversión duns cen millóns, dos que o Programa Life aporta 50.

Aplicación agrícola de compost da fracción orgánica dos RSU

Xosé Antonio González Ferreira e F. Xavier Centeno Ameijeiras

Caderno nº 6 - A compostaxe de residuos

Páx.41-50

Nun solo, sen a intervención humana, o proceso de rexeneración do mesmo está perfectamente equilibrado. Os animais pastan e aliméntanse dos vexetais ou doutros animais. As follas e restos vexetais, xunto cos excrementos, caen na terra e rexeneran o chan con aporte de materia orgánica. Na materia orgánica hai unha fauna microbiana que a transforma en nutrientes. Entón comeza de novo o ciclo. Coa intervención humana en pequenos cultivos ou granxas autosuficientes, o proceso mantense. Non sucede así cando a agricultura se converte nun proceso produtivo intensivo. Entón os residuos xéranse nas cadeas de transformación e consumo do froito, e deposítanse en vertedoiros. Igual tratamento levan os excrementos e restos de animais. As consecuencias máis graves desta agricultura industrializada son unha perda de calidade dos produtos e unha contaminación do medio.

A materia orgánica nos solos de Galicia

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Caderno nº 6 - A compostaxe de residuos

Páx.51-57

Hai unha arraigada tradición que di que os solos de Galicia teñen materia orgánica abonda e que, polo mesmo, non precisan da súa adición para manter dun xeito sostido a súa produtividade. Isto pode ser certo nos terreos a monte onde, dun xeito xeral, os contidos en materia orgánica se poden considerar altos ou moi altos. Nas terras de cultivo a situación non é a mesma. O traballo seguido a que someten os labregos ao solo, volteando e aireando a terra varias veces ao ano e o clima galego, fan que a materia orgánica se oxide con facilidade desaparecendo pouco a pouco. A explicación que se lle deu a esta práctica baseábase sobre todo nos elementos fertilizantes clásicos que o esterco lle engadía ao solo. A doutrina clásica da fertilidade do solo, que consideraba case exclusivamente as propiedades químicas coma factor de produtividade, soportou estas consideracións e mantívoas en determinados círculos mesmo deica os nosos días.

Obradoiros de educación ambiental: O compost na casa e na escola

Grupo de E.A. de ADEGA

Caderno nº 6 - A compostaxe de residuos

Páx.59-62

ADEGA oferta unha serie de actividades de educación ambiental a centros de ensino primario e secundario de toda Galiza. Entre elas destacan aquelas relacionadas co lixo, incluído un obradoiro de compostaxe. Estas actividades contaron coa colaboración activa do profesorado de numerosos centros nos que xa se realizaron, que na maioría dos casos tiña tratado estes temas ou ía facer un seguimento dos mesmos. Tamén se realizaron algunhas campañas de educación ambiental en barrios e asociacións culturais e veciñais, sobre todo obradoiros de reciclaxe de papel e de xoguetes de refugallo, así como xogos de rol e murais.

Presentación

Redacción

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Páx. 5-6

Confírmase as expectativas previstas de que esta enfermidade remataría espallándose por toda Europa. Cumpre reflexionar sobre isto, pois sendo claro que de non tomar medidas a EEB estenderíase por toda Europa e atinxiría tamén a Galiza , e tendo en conta a forte intervención pública no sector agrogandeiro, non se pode entender como as autoridades galegas permaneceron de brazos cruzados diante da fraudulenta comercialización de pensos e fariñas cárnicas para a alimentación do gando vacún.A actuación de ADEGA neste conflito baseouse na existencia doutras alternativas menos contaminantes para o tratamento destes materiais e na idea de que desfacerse dos residuos non é solución suficiente.A solución real está na reconversión gradual, efectiva e completa, do actual modelo agrogandeiro a unha agrogandeiría ecolóxica, baseada no desenvolvemento dos recursos endóxenos e locais e no mantemento da biodiversidade e da diversidade produtiva, ademais de prescindir dos produtos agroquímicos.

Encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) e outras encefalopatías transmisibeis(EET)

Enrique A. González García

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Páx. 7-14

O coñecemento de que en España existen casos positivos de encefalopatía esponxiforme bovina, ten confirmado as expectativas previstas de que dita enfermidade remataría espallándose por toda Europa e por tanto espertando unha grande inquedanza tanto en sectores profesionais como na sociedade en xeral.Esta crise haberá que asumila e tentar paliala coas correspondentes axudas e programas de recuperación da actividade, unha vez acoutado e controlado o problema, mais non se debe deixar influír os aspectos simplemente económicos nas decisións técnicas que permitan incrementar a seguridade alimentaria dos consumidores, que está a ser o punto clave cara ao que miran os acordos sobre este tema da Unión Europea.Na revisión sobre a EEB e outras encefalopatías transmisíbeis recollida neste artigo, trátase de poñer o día os coñecementos existentes sobre a enfermidade e as súas causas, así como revisalas conclusións obtidas no Reino Unido logo de catorce anos de experiencia sobre o tema.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal