ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
26-10-2019

Homenaxe a Isaac Alonso Estraviz na Eira da Xoana

O vindeiro 26 de outubro, sábado, a Eira da Xoana fará unha homenaxe a Isaac Alonso Estravíz, pola súa contribución á lingua galega, nomeadamente á lexicografía co seu Dicionário da língua galega. Os actos comezarán ás 14 horas na Eira da Xoana.

+info

20-10-2019

Manifestación "Por un monte galego con futuro", 20 outubro en Compostela

ADEGA e outras 20 entidades convocan unha manifestación o vindeiro domingo, 20 de outubro, para reivindicar un monte galego con futuro, sostíbe e multifuncional. A marcha terá saída ás 12:00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.

+info

Do 17-10-2019 ao 18-10-2019

ADEGA no IX Seminario Composta en Rede

Composta en Red é unha coordinadora de entidades locais de todo o estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstico e comunitario, da cal formamos parte. Este ano asistiremos ao IX Seminario en Valladolid os días 17 e 18 de outubro.

+info

18-10-2019

Xornada: Traballando pola Educación Ambiental en Galiza

O vindeiro venres, 18 de outubro, ADEGA participará nunha Xornada de reflexión e divulgación organizada polo Observatorio Galego de Educación Ambiental no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) de 10 a 14 horas.

+info

16-08-2019

Feira Solar e crise climática

ADEGA colabora coa Feira solar e Crise Climática que terá lugar este venres, 16 de agosto no parque municipal das Casas da Mariña, en Narón. Organiza: Asoc. Os Picos do Sol e colabora tamén Extinction Rebellion.

+info

11-08-2019

Homenaxe ás vítimas da Represión na Eira: Primo Castro Vila

O vindeiro domingo, 11 de agosto, a Fundación Eira e ADEGA, xunto coa Asociación Cultural O Galo, celebrarán unha homenaxe na Eira da Xoana a Primo Castro Vila, alcalde republicano de Agolada nos anos 30 do século pasado, represariado polo franquismo

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal