ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
19-12-2019

Concentración de Queremos Galego nas cidades galegas

O xoves, 19 de decembro, a plataforma Queremos Galego, da que fai parte ADEGA, convoca unha concentración ás 20 horas nas principais cidades galegas para esixir á Xunta e ao Estado que cumpran coas demandas do Consello de Europa.

+info

16-12-2019

Xornadas "O noso bairro conta" (Oza-Gaiteira-Os Castros, A Coruña)

A Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros convida a ADEGA a participar nas Xornadas “ O NOSO BARRIO CONTA”, un faladoiro de medio ambiente que procura implicar a veciñanza no coidado ambiental e cultural.

+info

Do 06-12-2019 ao 13-12-2019

Cimeira Social do Clima en Madrid

Do 7 ao 13 de decembro terá lugar en Madrid o Cumio Social polo Clima, en paralelo á Conferencia das Nacións Unidas contra o Cambio Climático, a COP25. Aínda fican prazas libres no bus que vai desde Galiza á manifestación do 6 de Decembro polo Clima.

+info

Do 27-11-2019 ao 28-11-2019

Pensarmos o Nunca Máis. Loitas polo común na historia galega recente

Os días 27 e 28 de novembro, Gran Burla Negra organiza unhas xornadas de reflexión histórica sobre o movemento Nunca Máis e un repaso ás loitas polo común máis recentes en Galiza. O mércores, 27 de novembro, acudirá en nome de ADEGA, Adela Figueroa.

+info

Do 16-11-2019 ao 17-11-2019

IV Foro Labrego de Agroecoloxía: Emerxencia alimentaria e soberanía climática

A vindeira fin de semana, ADEGA participará no IV Foro Labrego de Agroecoloxía organizado pola Asociación Herbamoura e coa colaboración do Sindicato Labrego Galego. Será o sábado 16 e domingo 17 de novembro, en Padrón. Inscríbete!

+info

16-11-2019

Roteiro polas terras de Arzúa, Melide e Toques

Organizado pola Asociación O Galo e coa participación de ADEGA. Narureza, cultura popular e memoria histórica

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal