Inicio / Axenda / Outras actividades /
Este vindeiro 29 de xuño, a partires das 18h, na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Haberá roteiro guiado, fogueira, letras, música e observación astronómica. A non perder!
ADEGA desenvolverá as actividades do Verán Cultural da UDC dirixido a crianzas de 4 a 12 anos, co obxectivo de potenciar o seu contacto co medio natural a través de roteiros, obradoiros e xogos. Haberá dúas quendas no mes de xullo.
Este sábado, veciños e veciñas de Samos e Triacastela organizan unha xornada lúdico-reivindicativa co lema "Salvemos O Iribio", para mostrar o seu rexeitamento ao parque eólico que se pretende instalar neste monte courelán.
Apoia a marcha convocada pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) para o vindeiro domingo, 16 de xuño, pola saída de ENCE da Ría de Pontevedra. ADEGA asina o manifesto polo cumprimento da lei e na defensa dos sectores produtivos.
ADEGA levará a campaña "O lixo desde o teu concello" a Rois, e á III Acampada familiar en Costa que organiza a AA.VV O Travadoiro.
A Rede do Patrimonio Cultural, da que fai parte ADEGA, convídanos a unha andaina de mulleres polo monte para coñecer, gozar e poñer en valor o patrimonio a carón do río Mao. Saída desde Barxacova (Parada de Sil) ás 9.30 horas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal