ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA /

ADEGA

Formulario de busca
18-11-2018

Roteiro Veral: na procura do mexillón de río e doutras pegadas

O vindeiro domingo, 18 de novembro, ADEGA-Lugo organiza a segunda andaina do programa de roteiros Fauna daquí. Desta volta, visitaremos a Aula da Natureza do Veral de Lugo e camiñaremos polo val do río Mera.

+info

17-11-2018

Xornada de voluntariado Ambiental na Lagoa dos Seixos (Candeán, Vigo)

ADEGA-Vigo, en colaboración coa Comunidade de Montes de Candeán, organiza o vindeiro 17 de Novembro unha xornada de voluntariado ambiental na Lagoa dos Seixos. Agardámoste!

+info

15-11-2018

Palestra; Outro modelo de xestión de lixo é posible?

A delegación de Adega-Ferrol organiza unha palestra sobre como mellorar a xestión de residuos na cidade. 15 de novembro ás 19:45h no salón de actos do vello hospicio.

+info

28-10-2018

Roteiro: O oso pardo de volta no Courel

O vindeiro domingo, 28 de outubro, ADEGA-Lugo dá comezo ao seu programa de roteiros “Fauna d’aquí”, cunha andaina pola Serra do Courel dedicada ao Oso Pardo. Reserva a túa praza na web de roteiros de ADEGA-Lugo.

+info

20-10-2018

VII Limpeza simultánea de praias

Un ano máis, e van 7 edicións, ADEGA realizará unha xornada de Limpeza Simultánea de Praias. Será o 20 de Outubro (19 para centros de ensino).

+info

Do 06-10-2018 ao 07-10-2018

ADEGA na II Mostra do Posible

Os vindeiros días 6 e 7 de Outubro, ADEGA participará na II Mostra do Posible que terá lugar na localidade de Cangas do Morrazo, un encontro para visibilizar o traballo das entidades de economía solidaria e dos movementos sociais na Galiza.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal