ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA /

ADEGA

Formulario de busca
20-01-2019

Roteiro: Os morcegos das Covas de Vale (Baralla)

O primeiro roteiro do ano de ADEGA-Lugo discorrerá polas localidades de Láncara e Baralla. Alí, as Covas de Vale están ameazadas por unha canteira. Coñeceremos a súa contorna e a fauna ligada ás covas. Acompañaranos o proxecto Morcegos de Galicia.

+info

16-12-2018

Roteiro pola Lagoa de Cospeito: refuxio invernal de moitas aves

O vindeiro domingo, 16 de decembro, ADEGA-Lugo despide o ano cun novo roteiro, desta volta, pola Lagoa de Cospeito, un dos humidais máis importantes de Galiza, onde centos de aves atopan acubillo para pasar a invernada. O percorrido será de 14 km.

+info

14-12-2018

Palestra: “A cidade deportiva do club Celta de Vigo en Mos: un novo intento de expropiación do monte comunal”

O venres 14 de decembro, ás 19:00h na tenda Árbore de Vigo, terá lugar a palestra “A cidade deportiva do club Celta de Vigo en Mos: un novo intento de expropiación do monte comunal”

+info

30-11-2018

Recuperación de charcas no Sobreiral do Arnego

Venres 30 de novembro, xornada de recuperación de charcas dentro do proxecto de Custodia do Sobreiral do Arnego. Ás 11h na área de lecer de Carmoega (Agolada)

+info

Do 17-11-2018 ao 25-11-2018

Semana Europea da Prevención de Residuos

Celébrase en toda Europa do 17 ao 25 de novembro. O obxectivo é organizar durante unha mesma semana accións de sensibilización sobre a prevención de residuos.

+info

Do 19-11-2018 ao 23-11-2018 / #CompostelaEnNegro2018

En negro contra as violencias machistas

Do 19 ao 23 de novembro ADEGA vestirá de negro as súa sé de Compostela contra as violencias machistas na campaña #CompostelaEnNegro2018

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal