ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA /

ADEGA

Formulario de busca
Do 03-06-2019 ao 09-06-2019

Úneste ao reto #RefugalloCero?

O vindeiro 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para reivindicalo, ADEGA súmase á campaña internacional #RefugalloCero, promovida por Zero Waste co fin de realizar unha semana de #‎BoicotAoPlástico.

+info

09-06-2019

Roteiro pola Serra do Xurés: coñecendo as especies dos grandes territorios

ADEGA-Lugo pon o ramo á xeira de roteiros 2018-2019, “Fauna d’aquí”, cunha andaina pola Serra do Xurés, programada para o vindeiro domingo 9 de xuño. A andaina estará protagonizada pola aguia real, o lobo ou a cabra montesa.

+info

08-06-2019

ADEGA Vigo organiza unha nova actividade de deseucaliptización no Couto da Eirexiña

O vindeiro sábado 8 de xuño ADEGA Vigo e o Couto da Eirexiña organizan, en colaboración coas brigadas deseucaliptizadoras e a comunidade de montes de Rebordelo, unha nova actividade de deseucaliptización.

+info

07-06-2019

Convocada Asemblea Local de ADEGA-Lugo para o venres 7 de xuño

Será ás 19.30 en 1ª convocatoria (20 horas en 2ª) no Centro Municipal de Convivencia Uxío Novoneyra de Lugo (rúa Quiroga Ballesteros. a carón da Praza de Abastos).

+info

19-05-2019

Roteiro a Pontevedra para ver as libélulas do Lérez

O vindeiro domingo, 19 de maio, ADEGA-Lugo continúa coa xeira de andainas de “Fauna d’aquí”, viaxando ata Pontevedra cun roteiro polas ribeiras do río Lérez, onde descubriremos varias especies de libeliñas ameazadas. Reserva praza!

+info

Do 15-05-2019 ao 16-05-2019

Second Meeting Proxecto Linving Rivers

Os días 15 e 16 de maio celebrarase a segunda xuntanza organizativa do proxecto LivingRiver no que participa o Proxecto Ríos.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal