ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
09-08-2014

Manifestación contra as touradas en Pontevedra

Colectivos ecoloxistas, animalistas, sociais, culturais e políticos de toda Galiza convócante a unha manifestación contra as touradas en Pontevedra o vindeiro 9 de agosto, ás 20 horas, na Peregrina.

+info

Do 22-07-2014 ao 31-07-2014

Consulta a nova edición da revista CERNA, nº 71

Xestión do lixo, enerxía, xuízo do Prestige, Economía do Ben Común, a nova Lei do Solo, etc. son algunhas das temáticas destacadas da última edición da revista CERNA que está totalmente dispoñible no web www.adega.gal/revistacerna

+info

Praia de Gandarío 27-07-2014

Embarrámonos por Gandarío. Non á depuradora!

ADEGA, Verdegaia, a Plataforma de afectados pola EDAR de Gandarío e o BNG convídante este domingo, ás 18 horas a embarrarte pola praia! Colabora a actriz Isabel Risco.

+info

18-07-2014

VIII Marcha a pé de Ferrol a Mugardos

O venres 18 de xullo partirá do parque de Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 17 horas, a VIII Marcha a pé Ferrol-Mugardos que reivindica a saída da planta de Reganosa da Ría de Ferrol. Non faltes! Móvete contra a impunidade!

+info

Fraga Trasbar 12-07-2014 / Cervo

Mini-roteiro polas Fragas de Trasbar

Mariñapatrimonio, coa colaboración de ADEGA, organiza un mini-roteiro polas Fragas de Trasbar de Cervo (Mariña luguesa) dentro da campaña polo bosque "Cousa de Raíces", na que participan preto de 50 colectivos. Será o vindeiro sábado, 12 de xullo.

+info

Do 03-07-2014 ao 06-07-2014

II Xornadas O rural quere xente

II Xornadas Rurais… o agro quere xente, desta volta en Negueira de MuñizO encontró celebrarase os días 3, 4, 5 e 6 de xullo. Se precisas mais información non duvides en contactar con nós no correio xornadasrurais@inventati.org

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal