ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / ADEGA participa nas Xornadas da ASPEA nos...

Do 13-03-2014 ao 17-03-2014

ADEGA participa nas Xornadas da ASPEA nos Açores

A ASPEA (Associação Portuguesa de Educação Ambiental), organiza as XXI Jornadas Pedagógicas de Educação Ambiental, na illa do Faial (Açores) entre os días 13 e 17 de marzo. Baixo o título de Dos ríos aos océanos, realizaranse diversas actividades, grupos de traballo, mesas redondas, obradoiros, etc.

A finalidade do encontro dirixido a educadores/as ambientais, profesorado, investigadores/as, etc., é promover a divulgación e estudos no eido da educación ambiental ligada aos ecosistemas acuáticos, incidir na formación de educadores ambientais e intercambiar experiencias e aprendizaxe entre os/as participantes.

ADEGA que partilla dende fai 8 anos coa ASPEA o Proxecto Ríos e que xa co-organizou con esta entidade o I Encontro galego-portugués de Educación ambiental, está convidada desta volta a participar nestas XXI Xornadas para presentar algúns dos seus programas de educación ambiental:

- Virginia Rodríguez, presidenta de ADEGA, presentará o traballo do Proxecto Ríos durante estes dez anos así como a súa implementación nos centros de ensino e o Plan Proxecta

- Lucía Parente, presentará o Proxecto Charcas con vida

- Ramsés Pérez, falará dos Proxectos de Custodia fluvial e litoral promovidos por ADEGA

ADEGA compartirá experiencias, ideas e propostas con persoas e entidades de diversos ámbitos o que contribuirá por unha banda a divulgación das actividades das nosas entidade como ao enriquecemento que aportan outras visións.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal