ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto...

02-07-2022

XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o sábado 2 de xullo. Achegarémonos desta volta a Carral, ao río Brexa, onde coñeceremos o proxecto de custodia do territorio que desenvolve dende fai varios anos a Asociación Brexa en colaboración co Concello.

Os compañeiros da Asociación Brexa comentarán as accións que desenvolven arredor deste curso fluvial e nas fincas propiedade do concello que están arredor do río. Logo realizaremos un pequeno roteiro pola marxe do río para rematar a actividade na área recreativa do río onde compartiremos un pequeno xantar a cargo do Proxecto Ríos. Poderemos visitar na zona da área recreativa unha charca onde hai presenza das princiapis especies de anfibios que podemos atopar en Galiza.

No transcurso da xornada realizaremos algunha pequena actividade de mantemento das accións realizadas pola asociación Brexa: acondicionamento das árbores plantadas no bosque de riberia e eliminación de invasoras na contorna da área recreativa.

A actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse:
pacobanhobre@adega.gal
proxectoriosgaliza@gmail.com
981 57 00 99

O programa provisional será:
10:30 Encontro no Polígono Os Capelos, no concello de Carral
11:30 Baixada ao río Brexa, pequeno roteiro e actividades de mantemento
12:30 Visita á área recreativa do río Brexa
14:00 Xantar comunitario a cargo do Proxecto Ríos
15:30 Remate da Encontro de Voluntariado

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal