ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de deseucaliptización no Couto da...

25-06-2022

Xornada de deseucaliptización no Couto da Eirexiña

O sábado 25 de xuño volvemos ao monte para deseucaliptizar o Couto da Eirexiña. Con esta intervención darémoslle continuidade aos traballos de deseucaliptización realizados nos últimos meses, cuxos efectos xa están a dar resultados. E pola tarde, despois do xantar comunitario, realizaremos un roteiro interpretativo polo río Almofrei, onde observaremos os macroinvertebrados que habitan nel.

Queres participar nesta actividade?

Para inscribirte nesta xornada de restauración ambiental preme no seguinte formulario.

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 23 de xuño ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Que é o Couto da Eirexiña?

O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que nace da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) de Vigo, a comunidade de montes en man común da parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) e particulares para a conservación do bosque autóctono e a biodiversidade.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal