ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Coñeces a ubicación dalgunha...

Do 04-02-2016 ao 27-08-2017

Coñeces a ubicación dalgunha charca? Entra no Inventario de Charcas e axúdanos a protexela!

O proxecto "Charcas con Vida"

As charcas son pequenas masas de auga, permanentes ou temporais, de gran valor ambiental e de elevada fraxilidade. Estes ecosistemas albergan interesantes poboacións de algas, plantas, anfibios, e invertebrados que precisan deste medio para vivir ou completar o seu ciclo vital. Moitas destes organismos están ameazados ou teñen requerimentos de hábitats moi específicos.

As charcas son tamén corredores biolóxicos que incrementan a conectividade entre hábitats. Moitas destas zonas húmidas constitúen importantes elementos patrimoniais e son espazos cun gran potencial para a educación ambiental e a investigación. Porén, a pesar da súa importancia, estes ecosistemas e os seus beneficios son a maioría das veces descoñecidos pola cidadanía, o que remata nunha ameaza constante e na súa desaparición. Coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír á súa conservación nace o proxecto Charcas con vida.

Ti tamén podes colaborar: Amósanos a túa charca!

Accedendo ao aplicativo do Inventario de Charcas podes incorporar, cuns simples pasos, a túa charca á listaxe e contribuir deste xeito a protexela.
Despois de que en ADEGA validemos os datos enviados, recibirás un e-mail de confirmación e un código individual para cada charca que achegues ao inventario.
Mais se queres seguir a colaborar na conservación das charcas, podes dar o seguinte paso e facer inspección da/s túa/s charca/s.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal