ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Formación sobre Biodiversidade e Turismo...

08-06-2022

Formación sobre Biodiversidade e Turismo na Costa da Morte

Esta iniciativa encadrada na ‘Convocatoria de Medioambiente 2021’, posta en marcha por CaixaBank, trata de impulsar iniciativas que busquen mellorar o patrimonio natural a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.  
Unha das accións propostas por ADEGA son dúas formacións dirixidas a fomentar un uso sostible e ambiental da ZEC Costa da Morte.
As formacións terán unha duración de 5,5 horas e atinxirá a profesionais e técnicos de administración do ámbito da Costa da Morte; profesionais de empresas e emprendedores turísticos locais, persoas de oficinas de información turística local da zona e do ámbito empresarial, outras empresas relacionadas coa actividade ambiental e turística así como o persoal docente do ámbito educativo da Costa da Morte.

Desenvolveranse nos concellos de Fisterra e Carballo, onde xa se están a traballar na creación da rede de Microrreserva da Costa da Morte. En Fisterra existen xa cinco microrreservas de flora e no concello de Carballo estase a traballar na implementación de outras tres. 
A formación terá un carácter teórico-práctico, falarase das Microrreservas de flora, como unha nova figura de conservación do patrimonio natural e da oportunidade que ofrece o biodiversidade como ferramenta de promoción e coidado do medio natural. Na senda parte da mañá realizarase unha visita guiada ás microrreservas de flora.

A primeira xornada de formación será o día 8 de xuño no concello de Fisterra.
Para obter máis información e anotarse:
Ramsés Pérez: 981 57 00 99
ramses@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal