Inicio / Axenda / Educación ambiental / Oferta posto de traballo en ADEGA-...
Do 08-04-2022 ao 19-04-2022
En ADEGA precisamos unha persoa para levar adiante actividades de educación ambiental, formación e voluntariado ligadas fundamentalmente ao ámbito da xestión dos residuos e da compostaxe doméstica e comunitaria.
Lugar de traballo: Santiago de Compostela (sede ADEGA-Nacional). Mobilidade a diferentes concellos do país para realizar as actividades.
Flexibilidade horaria.
Tipo de contrato: media xornada.
Duración do contrato: 6 meses.
Data límite para presentar CV: martes, 19 de abril ás 14:00 horas.
Buscamos unha persoa comprometida coa defensa ambiental e con diversas destrezas e experiencia para desenvolver as seguintes tarefas:
A presentación de currículos poderase facer enviando un correo electrónico a compostaxe@adega.gal, indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo educación ambiental”.
A data límite para a presentación de currículos será o vindeiro martes 19 de abril ás 14:00 horas.
Tras unha primeira selección de candidaturas por méritos ou currículo, realizarase unha entrevista persoal ás aspirantes para escoller finalmente a persoa que desempeñará o posto de traballo.
É importante que os datos de contacto das persoas candidatas sexan facilitados para poderen ser contactadas por ADEGA.
Grazas pola vosa atención.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal