ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Palestra na UDC: Da Reciclaxe ao "Residuo...

26-02-2014

Palestra na UDC: Da Reciclaxe ao "Residuo Cero"

A Universidade da Coruña busca ser punteira na xestión de residuos, a través de 3 liñas de actuación: prevención, reciclaxe de papel e compostaxe. Neste senso a universidade posúe un plan de Xestión de Residuos que comprende actuacións de varios tipos: infraestrutura, informativo e de xestión e de seguimento, inspección e avaliación, no que colabora ADEGA.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o plan de Xestión de Residuos da UDC e as actuacións que se están a levar a cabo para que o tratamento de residuos vaia mellorando. A separación correcta de residuos así como as actividades pioneiras de compostaxe que se están a levar a cabo contribúen a minimizar os problemas que xeran os residuos derivados das actividades que realizamos diariamente.

Teremos a oportunidade de escoitar a Ramón Plana, experto en xestión de residuos e experiencias de compostaxe, ademais participou no plan se Xestión de Residuos da UDC.

Ao remate visitaremos as áreas de compostaxe da ETS de Arquitectura e da EU de Arquitectura Técnica.

A actividade “Residuos na UDC” estará organizada da seguinte forma:
16.30 - Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Relator: Ramón Plana
Presentación: Manuel Soto
17.30 - Visita experiencias de compostaxe de residuos de comedor na UDC

Para ir comezando, animámosvos a que botedes un ollo á seguinte presentación: http://prezi.com/a0glazspuwzf/sabias-que/

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal