ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 11D: Mobilízate na defensa das...

11-12-2021

11D: Mobilízate na defensa das montañas fronte a invasión eólica

O vindeiro 11 de decembro, Día das Montañas, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada por máis de 170 colectivos, entre eles ADEGA, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual vaga eólica, en 22 localidades.

As montañas galegas son as principais vítimas desta aloucada e caótica vaga eólica que estamos a vivir ao constituír os lugares preferentes polas promotaoras para colocar os seus  megaproxectos eólicos, despoxándoas practicamente de todos os seus valores e funcións de carácter ambiental, paisaxístico, cultural e socioeconómico para pasaren a ser meros polígonos industriais ao servizo exclusivo do oligopolio eléctrico. Porén, as montañas son a nosa principal fonte de alimento e auga e son verdadeiros santuarios de biodiversidade dos que non podemos prescindir para afrontar o reto climático. Tamén son o fogar dunha grande parte da poboación galega especialmente asoballada por estes proxectos eólicos e habitualmente esquecida polas administracións públicas.

Por iso necesitamos unha moratoria eólica definitiva, real e eficiente!

O sábado, 11 de decembro, acode á concentración reivindicativa que teñas máis próxima!

Necesitamos da túa forza!

#11DEólicaAsíNon
#EólicaAsíNon
#11DAsíNon

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal