ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornadas sobre os valados de pedra seca en Muras

Do 13-11-2021 ao 14-11-2021

Xornadas sobre os valados de pedra seca en Muras

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer o patrimonio cultural e ambiental galego,  sendo os valados en pedra seca elementos característicos das paisaxes cercadas ou en bocage, e pezas de gran importancia na conservación da biodiversidade proporcionando acubillo a multitude de especies. As diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a nosa paisaxe e identifica os usos tradicionais do solo, sendo a técnica de construción de pedra seca Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade segundo a UNESCO.


O programa

As actividades darán comezo o sábado 13 de novembro ás 10.30h co seminario "Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Sábado 13 de novembro (Concello de Muras)

09.00 Saída do autobús dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Seminario no Local Social (Rúa Enrique Guzmán, Muras) Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados, na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño no que participan:
        - Mercedes Máquez do Grupo de investigación da escola galega da paisaxe da Fundación Juana de Vega; que participou na equipa redactora da Guía da Paisaxe 
        - Ricardo Polín Doutor en Filoloxía medieval e historiador experto nas rotas de peregrinación a Compostela e camiños históricos. 
        - Xoán Ramón Vidal Romaní do Instituto universitario de xeoloxía da UDC.
        - Ramsés Pérez coordinador do grupo de Educación Ambiental de ADEGA.

12.30 Roteiro interpretativo pola zona, para facer unha caracterización e valoración dos muros que atopemos segundo o visto na parte teórica.
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús


Domingo 14 de novembro (Concello de Muras)

9.00h Saída do bus dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Obradoiro formativo de reconstrución coa técnica de xunta seca, dun muro situado no Camiño das Ucheiras no Concello de Muras. Contaremos co artesán José Luis Canteiro que nos ensinará a preparar e colocar a pedra. Prazas limitadas a 20 persoas 
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús

Haberá servizo de autobuses de balde dende Lugo, que sairá ás 9h dende a antiga escola de Maxisterio (Avda. Ramón Ferreiro, Lugo), e retornará ás 17h dende Muras.


Reserva a túa praza!

Para participar nas xornadas é preciso inscribirse antes do xoves 11 de novembro a través da ficha de inscrición que podes atopar máis abaixo. 


Estas xornadas están organizadas ao abeiro da Subvención da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico deste territorio na anualidade 2021.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal