ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Escribe artigos en CERNA!

Do 08-12-2015 ao 27-08-2017

Escribe artigos en CERNA!

NORMAS DE PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS PARA CERNA

Os artigos enviados para publicar en CERNA terán que ter como mínimo os seguintes requirimentos:

  • Na primeira páxina figurará o título do traballo, o máis específico e breve posíbel. De seguido aparecerá o nome dos seus autores xunto cos seus enderezos postal, telefónico e correo electrónico.
  • A continuación figurará un resumo ou presentación do traballo de non máis de 100 palabras.
  • De seguido, o corpo do artigo, sen marcas de composición.
  • Recoméndase unha breve conclusión ou recapitulación final. No caso de incluír bibliografía ou referencias bibliográficas, estas non superarán as 5 en número.
  • A extensión total máxima, incluído título, resumo, conclusións e bibliografía, non será superior a 2.500 palabras.
Para maior detalle, as normas de ADEGA-Cadernos serán igualmente válidas para os artigos remitidos para publicar en CERNA, agás no referido á extensión, que en ningún caso superará as 2.500 palabras.

Os/as autores/as poderán solicitar someter os artigos remitidos para publicar en CERNA a avaliación científica, en cuxo caso deberán acollerse ás  normas de ADEGA-Cadernos. Neste caso, a decisión sobre a procedencia da publicación seguirá as pautas establecidas para ADEGA-Cadernos. En caso contrario, a decisión de publicación será exclusiva do Consello de redacción de CERNA.

Nos artigos asinados, respéitase a normativa lingüística do texto orixinal.

CERNA non se fai copartícipe, necesariamente, das ideas, opinións e afirmacións dos autores. Todo o material da revista pode ser reproducido sempre que se cite a fonte, esceptuando as fotografías, para as que sería necesario contar co permiso dos autores.

ENVÍA A TÚA PROPOSTA DE ARTIGO A: cerna@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal