ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 5X: Manifestación contra a invasión...

05-06-2021

5X: Manifestación contra a invasión eólica de Galiza!

ADEGA, entre máis de 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, fai un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Gran Marcha contra a invasión eólica de Galiza que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xuño en Santiago de Compostela, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Apoiamos as enerxías renovábeis, pero non á costa da destrución do territorio. Non queremos seguir sendo unha zona de sacrificio, en favor das ansias especulativas e de negocio do oligopolio enerxético, coa conivencia da Xunta e do Estado.

O actual modelo de desenvolvemento eólico colonial, abusivo, inxusto coas persoas e pouco respectuoso co rural e co medio ambiente debe chegar ao seu fin! A preservación do noso territorio está en xogo!

Acode! Vémonos o 5 de xuño, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela.
#EólicaAsíNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEólico

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal