22-05-2021
MANIFESTACIÓN ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO SUÍDO
SÁBADO 22 DE MAIO, DÍA DA BIODIVERSIDADE
A Asemblea do Suído (co apoio de ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia) convoca unha manifestación-andaina para solicitar a protección e inclusión na rede Natura 2000 da serra do Suído, ante a vaga de proxectos eólicos que ameazan os seus valores ecolóxicos e culturais.
A saída será ás 11:00 h. dende o cemiterio de Piñeiro da Igrexa (estrada PO-255, km 26-27), concello de Covelo. Existen 2 opcións para realizar a andaina:
A) Subir até o pozo de Piñeiro e logo baixar (2 horas 30 min.). O percorrido está marcado.
B) Continuar logo pola chan do Libro até a Forca do Lobo de Campo e logo baixar (6 horas en total).
É necesario cumprir co protocolo anti-COVID19, levar roupa axeitada, protección para o sol e a chuvia e comida e bebida.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal