ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Presentación dos resultados do Proxecto...

24-01-2014

Presentación dos resultados do Proxecto Custodia Fluvial Ulla Umia e Lérez

Este venres 24 de xaneiro terá lugar a presentación dos resultados do proxecto “Custodia Fluvial no Ulla Umia Lérez” coordenado por ADEGA entre os anos 2010-2013. Será no MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada na Avenida Benito Vigo, 92-baixo) ás 17:00.

O proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez é unha iniciativa que comezou no 2010 da man de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e que contou con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER.  O proxecto desenvolveuse no Grupo de Desenvolvemento Rural 20 (GDR20) que abrangue os concellos d´A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Durante as primeiras fases do proxecto asociacións e entidades de todo tipo participaron en diferentes actividades nos ríos dos seus concellos, nunha fase de achegamento, coñecendo os valores dos ecosistemas fluviais, así como as súas oportunidades e ameazas.

Unha vez coñecidos os ríos e aquelas asociacións con maior iniciativa presentaron propostas de proxectos a nivel local para poñer en valor os seus ecosistemas fluviais, mediante unha estratexía de conservación denominada custodia do territorio, máis específicamente neste caso Custodia Fluvial.


Nos anos 2012 e 2013 varias destas entidades localizadas nos concellos d´A Estrada, Cuntis e Forcarei desenvolveron co apoio de ADEGA diferentes iniciativas que deron lugar a posta en valor dos ríos e do patrimonio natural e cultural fluvial.Este venres presentaranse as iniciativas desenvolvidas polos propios protagonistas deste proxecto que foron as asociación e que se recollen nunha pequena publicación que se entregará aos asistentes.

  • Asociación Cultural A Xesteira (A Estrada)
  • Asociación Cultural Rego de Godoi  (A Estrada)
  • Asociación para a Defensa do Val do Liñares  (A Estrada)
  • Asociación Cultural O Fervedoiro (Cuntis)
  • Comunidade de Montes en ManComún de S.  Miguel de Presqueiras (Forcarei)
  • Sociedade de Caza e Pesca de Forcarei
  • Asociación de Moz@s de Forcarei

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal