ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Andaina de limpeza nas nacentes do Río...

24-04-2021

Andaina de limpeza nas nacentes do Río Rato en Lugo

O sábado 24 de abril imos ata as nacentes do Río Rato en Lugo para comprobar a cantidade de verquidos ilegais que hai nesta zona.

Faremos unha pequena andaina partindo do futuro ENIL das Gándaras, e achegarémonos ata o lugar onde está proxectada a ampliación do Ceao que afecta as nacentes do río Rato. 

Ao rematar, faremos un debate sobre a problemática que supón a mala xestión e a relación que hai entre a actual sociedade de consumo e o lixo atopado. 

Para participar é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal. As prazas son limitadas, e asignaranse por orde de inscrición. 

Recomendamos o uso de calzado e roupas axeitados, así como de luvas. 

Ecoloxía na cidade

Esta actividade da comezo ás xornadas Ecoloxía na cidade, que este mes de abril céntranse na problemática do lixo e a sua pegada ecolóxica. 

O 29 de abril terá lugar unha mesa redonda no salón de actos da UNED a que calquera persoa pode asistir presencialmente ou telematicamente través das canles de difusión do centro universitario e a web de ADEGA. 

Nuns días ampliaremos a información sobre esta actividade. 

Ademáis convidamos a toda a veciñanza de Lugo a que suba as suas propias redes sociais imaxes ou vídeos nos que se vexa o impacto negativo dos refugallos, como por exemplo, verquidos ilegais. Aínda que tamén queremos coñecer o xeito que cada quen ten de reducir, reutilizar e reciclar, para minimizar ese impacto negativo.

O mellor refugallo é o que non se xera!  




ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal