ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Inventarios colectivos de flora e fauna en Galiza

25-01-2014

Inventarios colectivos de flora e fauna en Galiza

Asociación Galega de Custodia do Territorio, xunto coa colaboración de Sustinea e do Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da USC e o financiamento da Deputación de Lugo propoñen a creación a realización dunha xornada de promoción e difusión dos inventarios colectivos de flora e fauna que se realizan en Galiza.
Ademais, a posta en marcha do portal Biodiversidade.eu, creado dentro do proxecto Biodiversidade Ameazada de Galicia-norte de Portugal (BIODIV_GNP) e coordinado polo Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da USC, abre unha nova ferramenta de traballo para os naturalistas galegos e do norte de Portugal como portal de comunicación dos seus proxectos e para poder difundir os datos conseguidos nos seus proxec-tos.

PROGRAMA PRELIMINAR

10:00-10:45 Atlas de hérpetos e libélulas de Galicia. Seguimento de hérpetos de Galicia. Martiño Cabana (UdC)

10:45-11:30 Atlas e seguimentos de mamíferos terrestres non voadores. Xosé Pardavilan (GEAS-SECEM)

11:30-12:00 Atlas e seguimentos de morcegos en hibernáculos e refuxios. Roberto Hermi-da (Drosera)

12:00-12:30 Café

12:30-13:00 SACRE e Noctua. Inventarios específicos de aves. Óscar Rivas (SGO)

13:00-13:30 Galiciaves2014 e atlas de aves de Galicia. Cosme Damián Romay (SGO)

13:30-14:00 Proxecto Ríos e Charcas con Vida. Ramsés Pérez (ADEGA)

14:00-16:00 Xantar

16:00-17:00 A plataforma colaborativa Biodiversidade.eu como nexo de unión e colabo-ración dos naturalistas galegos. Miguel Serrano (USC)

17:00-19:00 Grupo de traballo de Biodiversidade.eu. Propostas de traballo conxunto e coordinado. Biodiversidade.eu como complemento ós Atlas de distribución, Redes de seguimento e Inventarios específicos. Participación e colaboración en Biodiversidade.eu.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal