ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Reparto de Composteiros na Pobra do...

04-12-2020

Reparto de Composteiros na Pobra do Caramiñal

Este venres 4 de Decembro comezamos co proxecto de "Compostaxe caseira" na Pobra do Caramiñal.

Pola mañá instalaranse os composteiros no Centro de ensino "C.E.P. Pilar Maestu Sierra" onde xestionarán os residuos xerados.

O concello repartirá 50 composteiros entre a veciñanza de Xobre para, posteriormente, ir ampliando a outras parroquias. Entregaranse pola tarde.

A entrega do composteiro vai acompañada dunha formación que impartirá ADEGA para que o proceso se desenvolva pola veciñanza do xeito máis adecuado posible. Para tal fin, ADEGA dará unha charla ás persoas participantes no día da recollida do composteiro e, posteriormente, fará varias visitas aos domicilios para resolver dúbidas. Esta formación prolongarase ao longo de 9 meses, que é o período que se tarda en obter o primeiro compost, e durante o cal ADEGA fará o seguimento. Concluído ese período, as persoas participantes xa terán adquirido os hábitos precisos para a compostaxe e separación selectiva de residuos, incluso coñecerán diferentes técnicas de redución de residuos e como substituír fertilizante químicos por compost.

Para máis información: Itziar (tfno: 628 378804).

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal