ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Lotaría de Nadal de ADEGA

28-10-2020

Lotaría de Nadal de ADEGA

Xa está á venda a Lotería de Nadal de ADEGA para o ano 2020. Este ano xogamos o Nº 89162.

Como noutras ocasións as participacións son de 5 euros,  dos que 1 euro será doado á organización para contribuír ao desenvolvemento da súa actividade.

Cada talonario contén 25 participacións.

Poderás adquirila de 2 formas:

-Presencialmente, en calquera das sedes ou locais de ADEGA.
Lembra que a sede principal mudou de enderezo e agora está en Avenida de Castelao, 20 Baixo, de Santiago de Compostela. 

-A través da aplicación dixital da Administración de Loterías "A Millonaria", accedendo á ligazón que se indica máis abaixo e cubrindo o formulario. Posteriormente, enviarase por mail a confirmación da adquisición. Terás que gardar este mail de confirmación no que consta o número de referencia e a imaxe da participación adquirida, como valor probatoriol. As participacións mercadas vía online, estarían depositadas na Administración de Loterías "A Millonaria" en Ronda de Outeiro 120 Baixo -15007- A Coruña.

Para mercar lotaría de ADEGA vía online, preme en: https://www.amillonaria.gal/loteria-empresas-verlot.php?GadMS=1

Para colaborar na venda de lotaría

Así mesmo, se queres contribuír con ADEGA na venda de participacións da Lotaría de Nadal, terás que acudir á sede principal ou aos locais de delegación de ADEGA para recoller os talonarios, tras previa chamada para efectuar a reserva.

Máis información: adega@adega.gal, tfno 981570099.

Que haxa sorte!
Grazas por participar.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal