25-10-2020
Este domingo 25 de outubro, damos comezo ao novo curso 2020/21 co programa de roteiros "Augas Vivas, as bacías do Miño e do Sil". Imos ata a Serra de Meira, ao berce do Río Miño. Existen varias opinións sobre o nacemento do río Miño, se no Pedregal de Irimia ou dende a Fonte Miña. O debate estará servido nesta xornada.
Partiremos da man do guía Eloi Villada dende O Pedregal de Irimia, baixaremos xunto ao cauce, ata o Porto da Pena, e seguiremos ata a Fonte Miñá ou Fonte da Barxa. Dende eiquí subiremos ata o Castro de Baltar, onde a altura permitiranos contemplar unha gran panorámica da Terra Chá.
O percorrido ten unha lonxitude aproximada duns 10 Km, sendo a dificultade Media.
Para evitar a propagación da COVID e en cumplimento das novas medidas publicadas o día 22 de outubro de 2020 no DOG, será preciso cumplir o protocolo deseñado para os roteiros.
Na propia web de Roteiros de ADEGA-Lugo irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a túa reserva.
As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.
Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
A saída do autobús terá lugar ás 8.00 ou ás 9.00 horas da mañá, dependendo da proximidade do destino, dende o Edificio de Sindicatos en Ronda da Muralla, 58 ou fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.
Os roteiros serán de xornada completa. Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño.
Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal