ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Clausura da exposición "Unha...

22-10-2020

Clausura da exposición "Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza" na UNED de Lugo

Saída de identificación e inspección de outono do Proxecto Ríos

O vindeiro xoves 22 de outubro, ás 16.30h realizaremos a primeira saída do Proxecto Ríos no treito do río apadrinado pola UNED de Lugo. A saída estará centrada na identificación de especies exóticas invasoras. Para participar nesta saída é imprescindible inscribirse a través do portal da  UNED.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

Dada a situación que estamos a vivir, é preciso o uso de máscara durante a actividade, e as prazas limítanse a 10 persoas

Visita guiada á exposición

Ademáis o día 22 faremos unha pequena visita guiada onde comentaremos os puntos máis relevantes. Se queres participar nesta visita chama ao 982 240299.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal