ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Convocatoria de posto de traballo en ADEGA -...

Do 08-10-2020 ao 13-10-2020

Convocatoria de posto de traballo en ADEGA - Educación Ambiental

Condicións e requirimentos do posto de traballo ofertado

-Lugar/sede de traballo: Santiago de Compostela (sede ADEGA-Nacional). Mobilidade a diferentes concellos do país para realizar as actividades e flexibilidade horaria.-Tipo de contrato: media xornada.
-Data límite para presentar currículos: luns, 12 de outubro ás, ás 24:00 horas. 

ADEGA precisa unha persoa para levar adiante actividades de educación ambiental, formación e voluntariado ambiental ligadas fundamentalmente ao ámbito da xestión dos residuos e da compostaxe doméstica e comunitaria así como actividades educativas relacionadas cos plásticos e microplásticos no medio mariño.Buscamos unha persoa comprometida coa defensa ambiental do país e con destrezas diversas e experiencia para desenvolver as seguintes tarefas:  

  • Organización, deseño e coordinación de programas de educación ambiental.
  • Desenvolver iniciativas de formación ambiental.
  • Seguimento de programas de compostaxe caseira e comunitaria.
  • Realizar actividades relacionadas co lixo mariño e os microplásticos.
  • Elaboración de materiais de educación ambiental (trípticos, unidades didácticas, manuais, etc).
  • Solicitude de axudas públicas.
  • Elaboración de novas de prensa e contidos para redes sociais (foto e texto).
  • Atención aos medios de comunicación.   

Valorarase que a persoa candidata teña experiencia e coñecementos en diversos ámbitos de carácter ambiental.

Terán preferencia no proceso de selección de candidatos/as as persoas socias de ADEGA.

O idioma vehicular de ADEGA é o galego.

Coche e permiso de conducir.

Como te podes candidatar

A presentación de currículos poderase facer por e-mail (enviando a ramses@adega.gal) indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo educación ambiental”.

A data límite para a presentación de currículos será o vindeiro luns, 12 de outubro ás, ás 24:00 horas.

Tras unha primeira selección de candidaturas por méritos ou currículo, realizarase unha entrevista persoal  aos candidatos/as para escoller finalmente a persoa que desempeñará o posto de traballo.  

É importante que os datos de contacto das persoas candidatas sexan facilitados para poderen ser contactadas por ADEGA.  

Grazas pola vosa atención.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal