ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / ADEGA presenta a exposición sobre especies...

Do 01-10-2020 ao 22-10-2020

ADEGA presenta a exposición sobre especies exóticas na UNED de Lugo

Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza

Ao longo da historia os seres humanos modificaron a súa relación co entorno en función da súa evolución como especie. Debido a isto, desde a etapa de cazadores-recolectores ata a actualidade o uso do territorio sufriu grandes cambios. Nas últimas décadas estas modificacións incrementáronse en cantidade e intensidade, o que deu lugar á actual situación de degradación ambiental.
Unha das principais problemáticas hoxe en día é a perda de biodiversidade, cuestión que lonxe de afectarlle só á natureza ten importantes consecuencias para a economía, a saúde, ao turismo etc.
As especies exóticas invasoras son consideradas o segundo factor de perda de biodiversidade, a nivel global, despois da destrución do hábitat, sendo a primeira causa nos ecosistemas insulares.
A divulgación e o coñecemento desta ameaza ambiental é fundamental para deseñar actuacións encamiñadas á prevención e eliminación destas especies.

A exposición, aberta ao público xeral, poderá visitarse no vestíbulo do 3º andar do centro asociado da UNED en Lugo, dende o 1 ao 22 de outubro, en horario de 9 a 21h, de luns a venres, excepto festivos locais e nacionais.  

Por razóns de protocolo de seguridade COVID-19, todas as persoas asistentes terán que matricularse, e non se permitirá a visita simultánea de máis de 5 persoas.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal