ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XIII Limpeza Simultánea de Ríos

Do 04-08-2020 ao 27-09-2020

XIII Limpeza Simultánea de Ríos

Este ano 2020 celebramos a décimo terceira edición das limpezas simultáneas de río. Son xa trece anos nos que milleiros de persoas teñen participado nesta xornada de retirada de lixo dos nosos cursos fluviais. Miles de quilos de residuos foron quitados dos nosos ríos e ribeiras polo voluntariado participante.
O domingo 27 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Na web da limpeza xa están publicados os lugares onde se desenvolverá a XIII Limpeza Simultánea de Ríos. Podedes contactar en cada zona coa persoa coordinadora.

Anímate a participar!!
Chama ou envía un e-mail
aos seguintes contactos:
Teléfonos:
981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal
proxectoriosgaliza@gmail.com

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal