ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / ANDAINA ás barreiras de San Lourenzo e...

25-07-2020

ANDAINA ás barreiras de San Lourenzo e visita á Olaría de Bonxe (TERRA)

TERRA

Poñendo punto e final ás xornadas ambientais de verán "Os catro elementos" o vindeiro domingo 26 de xullo, damoslle o protagonismo á TERRA,  cunha visita á Olaría de Bonxe e andaina ás barreiras de San Lourenzo, de onde quitaban a materia prima.

O punto de encontro será ás 10.30h na Olaría, e camiñando  chegaremos ata ás barreiras de San Lourenzo, a uns 3 Kms. Coñeceremos da man de Hixinio Flores, ás barreiras, de onde quitaban a materia prima da que foi a actividade principal de Bonxe durante moito tempo.

Na volta visitaremos o interior da olaría, esta vez Pepa Lombao explicaranos o proceso de transformación do barro en pezas facilmente identificables ao seu lugar de orixe.

As xornadas de verán "Os catro elementos"

Con esta actividade ponse punto e final ás xornadas, coas que quixemos recoñecer os elementos da natureza: o lume, a auga, o ar e a terra, sempre presentes, e cada vez máis deteriorados polo estilo de vida actual. Buscamos o seu coñecemento e aproveitamento dende o principio da sustentabilidade.

Reserva a túa praza!

Para participar na visita é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a  adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto.

 Para evitar a propagación da COVID19  é necesario o uso de máscara, e limítanse as prazas a 15 persoas. Ademáis dispoñeremos de xel hidroalcólico a túa disposición.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal