ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XVI Encontro de Voluntariado do Proxecto...

18-07-2020

XVI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

O 18 de xullo de 2020 realizaremos o XVI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos.
Nos últimos 5 anos vimos realizando unha descuberta de biodiversidade arredor de diferentes ríos de toda Galiza. En 2020 iremos ao río Arnego para facer accións de seguimento de fauna, continuando co programa de custodia fluvial iniciado en 2018 por ADEGA.
Para participar nesta actividade é preciso inscribirse.
A actividade desenvolverase seguinto os protocolos de seguridade da COVID-19 e estará limitada a 20 persoas como máximo.
Realizarase en sesión de tarde-noite, a partires das 17:30, e estará centrada no seguimento e identificación de quirópteros.
Máis información sobre os horarios, programa e desenvolvemento:
Ramsés Pérez: 616 238 050
ramses@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal