ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Campo de voluntariado ambiental en Manzaneda

Do 03-07-2020 ao 05-07-2020

Campo de voluntariado ambiental en Manzaneda

O 3, 4 e 5 de xullo ADEGA celebrará un campo de voluntariado ambiental no río Bibei para a detección temperá de especies exóticas invasoras (EEI). A iniciativa consiste en divulgar a problemática que as EEI poden ocasionar en lugares de elevado valor ecoloxico como é a contorna do río Bibei, polo que o primeiro día estará destinado a coñecer esta problemática. Os seguintes días estarán dedicados á realización de roteiros para a alerta temperá de EEI.

A actividade conta co apoio do Concello de Manzaneda e coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Programación

  • Venres 3 (tarde): Formación. Introdución á problemática das especies invasoras.
  • Sábado 4: Roteiros de identificación temperá na bacía do río Bibei.
  • Domingo 5: Continuación da ruta e posta en común.

O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos, agás o desprazamento até a zona.

A estancia será no Albergue Municipal de Manzaneda.

Dada a fraxilidade dos hábitats da bacía do Bibei, as prazas son limitadas.

O campo de voluntariado no río Bibiei desenvolverase seguindo as oportunas medidas de protección contra a Covid-19. ADEGA informará convenientemente ás persoas participantes.

Se estás interesado/a en participar nesta iniciativa de voluntariado, anótate nos seguintes teléfonos ou e-mail:

Ramsés Pérez
981 57 00 99 / 619 672 038 / 616 238 050
ramses@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal